'Sons para un regreso', ciclo de concertos promovido pola Deputación da Coruña

Os concertos, que terán lugar no Teatro Colón os días 6 e 7 de xaneiro, incluirán conversacións con artistas que estarán conducidas polo xornalista cultural Anxo Quintela.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/12/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña impulsa o ciclo de concertos 'Sons para un regreso', a cargo de antigas bolseiras do organismo provincial.

A través desta experienica, búscase dar a coñecer o traballo de catro músicas que recibiron nas últimas dúas décadas bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos: Rosalía Gómez Lasheras, Patricia Cadaveira, Ana Yáñez e Alma Sarasola.

Os concertos, que terán lugar no Teatro Colón os días 6 e 7 de xaneiro, incluirán conversacións con artistas que estarán conducidas polo xornalista cultural Anxo Quintela.

Por outra banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, entregaron catro novos vehículos adaptados a outras tantas entidades sociais da provincia: AMICOS de Barbanza (Boiro); a Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña; a Fundación para a Protección dos Discapacitados Psíquicos de Negreira e Aspronaga.

Participantes no ciclo 'Sons para un regreso'. MONCHO FONTES
Participantes no ciclo 'Sons para un regreso'. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta