Queda atrapado tras chocar cun camión de transporte de animais de Cerdedo-Cotobade

Tras ser excarcerado foi evacuado ao hospital.

Por Erik Dobaño | PONTEVEDRA | 27/12/2021 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser exarcelado polos servizos de emerxencias despois de que o seu coche chocase contra un camión na mañá deste luns en Cerdedo-Cotobade.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 10,15 horas, cando varios particulares contactaron coa central de emerxencias para alertar deste sinistro na N-541, sobre o punto quilométrico 63.

Nestas comunicacións, advertían de que un camión de transporte de animais acababa de chocar contra un coche, en cuxo interior había unha persoa atrapada. Seguidamente, os xestores do 112 avisaron aos Bombeiros de Silleda, ao GES da Estrada e Urxencias Sanitarias-061. Tamén foron informados a Garda Civil, Protección Civil e o persoal de mantemento das estradas.

Os servizos de emerxencias comunicaron ao 112 que conseguiron excarcerar ao ocupante do turismo, que a continuación foi derivado a un centro sanitario en ambulancia. Mentres tanto, outro camión desprazado ata o lugar do accidente recolleu aos animais que viaxaban no vehículo implicado neste accidente.

Envorco dun camión que transportaba porcos
Envorco dun camión que transportaba porcos | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta