O sistema portuario galego, lonxe de recuperar o tráfico de mercadorías pre-pandemia

Das cinco dársenas de interese xeral, só Vigo e Vilagarcía melloran as cifras de 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2022 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O sistema portuario galego de interese xeral (integrado polos cinco portos que dependen da Administración Xeral do Estado) segue sen recuperar o movemento de mercadorías previo ao estalido da pandemia e mantense aínda afastado (un 9,7%) da intensidade de tráficos de hai dous anos.

No entanto, a situación non é homoxénea e das cinco autoridades portuarias hai dúas (Vigo e Vilagarcía de Arousa) que melloraron as súas cifras con respecto a novembro de 2019. A primeira pasou dos algo máis de catro millóns de toneladas movidas no penúltimo mes daquel exercicio ás case 4,4 que rexistrou entre xaneiro e novembro do ano pasado, segundo o último informe publicado polo organismo que agrupa ás 28 autoridades portuarias de interese xeral, Portos do Estado.

Tamén crece, cun incremento porcentual próximo ao 26%, a rada arousá, que aumentou os seus tráficos desde os 1,2 millóns de novembro de 2019 ás 1.382.360 toneladas do mesmo mes do ano pasado.

Nin Marín-Ría de Pontevedra nin os dous portos máis representativos da Comunidade Autónoma, A Coruña e Ferrol-San Cibrao, conseguiron achegarse aos números pre-pandemia. A dársena do sur perdeu case 300.000 toneladas, ata quedar nas 1.920.000 toneladas coas que pechou o pasado 30 de novembro, mentres que, no norte, A Coruña deixouse no camiño dous millóns (10.568.607 toneladas) e Ferrol, máis dun millón, moi preto de perder tamén a barreira dos 9 millóns de toneladas.

Neste último caso, a "desaparición" (aínda que reactivada parcialmente a central térmica das Pontes hai unhas semanas) do carbón explica, á marxe do impacto da pandemia, esta caída.

Porto pesqueiro. SANTI ALVITE/USC / Europa Press
Porto pesqueiro. SANTI ALVITE/USC / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta