Verín cancela dous importantes eventos no Auditorio Municipal pola Covid

Trátase dos concertos de Gisela (Concert Kids) e Lyberic (Tributo a Il Divo) que estaban programados para os días 6 e 8 de xaneiro respectivamente.

Por X.M. Fernández | Verín | 04/01/2022 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Desde o Concello de Verín informan que por mor do importante aumento de casos activos de Covid-19 que está a experimentar a comarca pospóñense todos os eventos pendentes da axenda de Nadal programados en interior.

Así pois, os concertos de Gisela (Concert Kids) e Lyberic (Tributo a Il Divo), programados para os días 6 e 8 de xaneiro respectivamente e que debería acoller o Auditorio Municipal, quedan adiados ata novo aviso.

Dende o concello informan que as persoas que xa adquirisen as súas entradas recibirán unha mensaxe no email utilizado para a compra das mesmas no que se lle darán dúas opcións: conservar o seu acceso na nova data, que se anunciará a través das nosas RRSS, ou ben recibir a devolución do importe correspondente.

Unha escena do espectáculo 'Gisela Concert Kids'. Foto: Drem Planet Events
Unha escena do espectáculo 'Gisela Concert Kids'. Foto: Drem Planet Events

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta