Temas: XUNTA VIVENDA CGPJ

A Xunta cre que a decisión do CGPJ lle dá "a razón" cando alegou pola "inconstitucionalidade" da lei de vivenda

A conselleira de Medio Ambiente afirma que o Goberno central pretende asumir "competencias das que carece".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/01/2022 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, considerou este venres que a decisiónd o pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) de frear o informe do anteproxecto de lei de vivenda "dálle a razón" cando defendeu que o texto era "inconstitucional" por invadir as competencias autonómicas na materia.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez | Fonte: Europa Press

Neste sentido, Vázquez lembrou que, a través do anteproxecto, o Goberno central pretende asumir "competencias das que carece, ao querer regular de forma unilateral", entre outros aspectos, a vivenda protexida, a xestión do parque público residencial de titularidade autonómica ou alterar os períodos de protección que afectarán o parque público.

A Xunta tamén lembra que as alegacións presentadas polo Goberno galego tamén se referían aos cambios que recolle a norma estatal sobre a vivenda social en chan residencial, que afectarán a súa construción e venda, así como a que o establecemento de zonas tensionadas e limitar o aluguer mensual "non incentivará o mercado".

Doutra banda, o Goberno galego emprazou ao Executivo central a "cambiar urxentemente" de criterio en relación aos contratos de aluguer en edificios propiedade da Sareb, co fin de "evitar situacións de desprotección e incerteza entre as familias arrendatarias".

Temas: XUNTA VIVENDA CGPJ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta