Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2022 | Actualizada ás 18:36
A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, cifrou en 18 millóns de euros o "aforro" dos usuarios da AP-9 en Galicia, entre o 29 de xullo e o 31 de decembro, debido ás bonificacións nas peaxes aprobadas polo Goberno de España.
Na súa intervención, Sánchez lembrou que se articularon 2.300 millóns de euros ata 2048 en bonificacións da AP-9, incluída a gratuidade entre Vigo e Redondela, polo que se poden cualificar como "históricas".
Iso si, respecto da petición do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de que se apliquen no tramo Santiago-Lalín da AP-53 estas mesmas bonificacións activadas noutras autoestradas, sorteouna e insistiu en "esforzo histórico" que o Executivo estatal realiza na Autoestrada do Atlántico. "Estamos a centrar os recursos na AP-9", aseverou.
Pola súa banda, o presidente galego tamén aproveitou para volver reivindicar o traspaso da titularidade da AP-9, en paralelo ao proceso lexislativo que se segue no Congreso.
PRÓRROGA DA CONCESIÓN E TRANSFERENCIA
A preguntas dos xornalistas, sobre o expediente aberto en Europa e a carta de emprazamento dirixida a España pola prórroga da concesión da AP-9 ata 2048, confirmou que "se procedeu a contestar á mesma", pero evitou concretar o contido porque se trata, esgrimiu, de "información reservada".
"Haberá que ver como finaliza este expediente", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.