Trece oficiais de Policía Nacional da XXX Promoción xuran os seus cargos nun acto na Coruña

No acto parciciparon o Delegado e a Subdelegada de Goberno.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/01/2022 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presidiu a xura do cargo da XXX Promoción de Oficiais da Policia Nacional no acuartelamento de Lonzas.

Fíxoo xunto co xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro, e o xefe rexional de Operacións en Galicia, José María Esteban, nun acto no que estiveron acompañados pola subdelegada na Coruña, María Rivas.

O delegado do Goberno agradeceu o traballo e servizo á cidadanía aos 13 funcionarios que ascenden oficiais e que ata agora estaban destinados como policías na comunidade galega.

Trasladoulles a súa felicitación en nome do Goberno pola súa nova responsabilidade e desexoulles éxito nos seus novos destinos porque o seu éxito, dixo, será "o da cidadanía" e "garantía de seguridade" alá onde vaian.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, preside o acto de xura do cargo da XXX Promoción de Oficiais da Policía Nacional. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, preside o acto de xura do cargo da XXX Promoción de Oficiais da Policía Nacional. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta