Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2022 | Actualizada ás 14:14
As acusacións de #tongo ao proceso selectivo do representante do Estado español en Eurovisión van camiño de converterse en tradición. As 'diferenzas' entre o criterio do público e o do xurado non son ningunha sorpresa, evidéncianse ano tras ano, e esta edición non foi ningunha execpción. Instantes despois de coñecerse a gañadora do 'Benidorm Fest', as redes fervían e puñan a pingar a RTVE. A razón: todo apuntaba que a disputa por representar ao Estado no festival estaba entre as Tanxugueiras e Rigoberta Bandini, as grandes favoritas, pero finalmente gañou Chanel con 'SloMo'.
Al final ni teta ni tradición. Reguetón.#Benidormfest
— Enfermera Saturada 🦖 (@EnfrmraSaturada) January 29, 2022
Unha vitoria moi polémica tras coñecerse que, detrás da cantante cubana, hai un produtor americano de Chicago que traballou con Madonna ou Black Eyed Peas e tamén o compositor da última canción que representou ao Estado español no certame. Tampouco deixou indiferente a ningún usuario que a coreografa Myriam Benedited, integrante do xurado do 'Benidorm Fest', traballara en varias ocasións con Chanel.
Tanxugueiras arrasan en televoto, Tanxugueiras arrasan en voto demoscópico y gana Chanel. El jurado tiene lo que quería y como así demostró dando la puntuación más baja a tanxugueiras de forma estratégica. #BenidormFest
— MALBERT (@ItsMalbert) January 29, 2022
As pandeireteiras galegas obtiveron a máxima puntuación do televoto e o voto demoscópico. Eran as grandes favoritas do público, non só no territorio galego senón tamén no estatal e internacional. Pero o xurado, outorgándolles 30 puntos, eliminou matematicamente a posibilidade de que representaran a España en Eurovisión e visibilizaran así, por primeira, as linguas co-oficiais do Estado no festival.
Si la cosa era representar bien a España en Eurovisión, es cierto que lo que mejor nos representa es gente colocada a dedo decidiendo en contra de lo que vota el pueblo.#BenidormFest
— gerardo tecé (@gerardotc) January 30, 2022
Todo calculadísimo para que la victoria de las TANXUGUEIRAS fuese imposible con la máxima puntuación que sabían que obtendrían del jurado popular. #tongo
— Manu Na Fa (@Manuelanafa66) January 29, 2022
#tongo
Metáfora de España: as Tanxugueiras gañan o voto popular e o demográfico pero o "xurado profesional" quítalles a vitoria #tongo #aldraxe #BenidormFest2022
— O Coegho `★ˎ 🇬🇿 (@Coegho) January 29, 2022
#Tongo repetiu como trendic topic na final do 'Benidorm Fest'. As pandeireteiras quedaron fóra da competición malia seren as favoritas. Non representarán ao Estado no festival pero conseguiron o seu obxectivo: trasladar a mensaxe de que a lingua galega non ten fronteiras e visibilizar ás mulleres anónimas "que sen saber ler nin escribir" fixeron cultura.
Ademais do #tongo que viron a inmesa maioría dos internautas, moitos tamén chancearon cunha declaración unilateral da #independencia e viron en Portugal o futuro:
No puedo ser más fan de Galicia entera convenciendo a Portugal por twitter para que lleven ellos a las Tanxus. FANÁTICO de este movimiento estratégico. #BenidormFest
— Javier Giner 🏳️🌈 (@j_giner) January 30, 2022
Ano 2125, exame de 2º de bach. Orixe e causas da independencia de Galiza. A principios do ano 2022 as Tanxugueiras, un grupo de pandereteiras presentase o concurso de selección de candidato polo Estado a Eurovisión, logo de ser maioritariamente apoiadas pola cidadanía, finalmente
— O Martiño Alfonso 🐲🦁 (@Martioalfonso1) January 30, 2022
E así foi como se declarou a independencia mediante un movemento musical. Por qué poderan roubarnos a enerxia, poderan impornos un idioma, poderan fodernos os chinchos pero nunca poderan dicirnos que azúcar moreno e mellor que as tanxugueiras. https://t.co/m7biQFTd9i
— A Corte do director (Lenin mola) (@leninmola) January 27, 2022
Aínda nos van dar a independencia antes q a Cataluña..
— Ladybosta (@Eutasia2) January 28, 2022
Grazas @tanxugueiras
Lisboa calling pic.twitter.com/1WzoQNTQUr
— Quique 🧼🤲🏼 (@kikegalle) January 30, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.