Falece un motorista tras impactar contra un turismo en Ames

A condutora do coche foi trasladada ao hospital.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/01/2022 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Nas últimas horas perdeu a vida un motorista, R.B.G., de 47 anos de idade, que chocou contra un turismo na DP-0701, na estrada que une Santiago de Compostela e Santa Comba, no termo de Ames. A condutora do coche, M.P.M.M., de 59 anos, foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago.

Ao lugar do accidente desprazouse unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado, Garda Civil de Tráfico e traballadores da Deputación da Coruña, para a limpeza da vía. O sinistro obrigou a pechar a circulación temporalmente nese tramo.

Por último, o 112 informou tamén doutro accidente, na confluencia das autovías AG-58 e AG-59, ao seu paso polo municipio de Teo, pasadas as 22,00 horas do domingo. Neste caso, tratouse do envorco dun turismo, pero o condutor puido saír do coche polos seus propios medios e recibir asistencia médica no lugar.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta