A Xunta vende online 21.000 toneladas de madeira

A Consellería de Medio Rural saca a poxa 23 lotes de madeira de 21.000 toneladas na provincia da Coruña, os cales están valorados nuns 427.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural saca a poxa 23 lotes de madeira de 21.000 toneladas na provincia da Coruña, os cales están valorados nuns 427.000 euros. Segundo informa a Xunta nun comunicado, a poxa electrónica celébrarase o 25 de maio na xefatura territorial da Consellería na Coruña. Os licitadores realizarán todos os trámites de modo telemático. Tantos as empresas participantes na poxa como todo o que o desexe pode seguir o proceso a través dunha sala virtual creada para ese efecto. Case a totalidade da madeira pertence a comunidades veciñais con convenios ou consorcios de xestión forestal con Medio Rural.

Piñeiro novo recentemente tallado en Candaido, A Fonsagrada, Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Piñeiro novo recentemente tallado en Candaido, A Fonsagrada, Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

En total, os lotes suman máis de 21.000 toneladas de madeira de piñeiro do país, piñeiro insigne e eucalipto branco, xunto con cantidades menores doutras especies. Isto tradúcese nunha absorción de dióxido de carbono de máis de 15.000 toneladas retiradas da atmosfera durante a vida destes exemplares, que agora serán substituídos por novos pés que continuarán coa absorción deste gas de efecto invernadoiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta