As Rías Baixas esperan unha ocupación media superior ao 60% para Semana Santa

Estes cálculos están condicionados polas reservas de última hora e tamén pola climatoloxía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2022 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra estima para esta semana Santa haberá unha ocupación media nos establecementos turísticos da provincia superior ao 60%, con porcentaxes dez puntos superiores nos días festivos, entre Xoves Santo e o Domingo de Pascua.

Segundo os datos achegados pola administración provincial en base ás reservas feitas ata este venres, á fronte das preferencias das persoas que visitan as Rías Baixas sitúanse as vivendas turísticas, cunha estimación de ocupación media en torno ao 80%, e os aloxamentos rurais, con preto do 70%. Estes cálculos están condicionados polas reservas de última hora e tamén pola climatoloxía.

A Deputación de Pontevedra calcula que con estas previsións as Rías Baixas recuperaría os niveis previos á pandemia e "consolidaría os seus datos como destino favorito en Galicia e un dos mellores do Estado". De modo que as expectativas de Turismo Rías Baixas son positivas "o que confirma que a calidade do destino Pontevedra Provincia prémiase por encima de factores conxunturais".

No sur da provincia, concretamente na comarca de Vigo e nos municipios de Baiona e Nigrán, espéranse porcentaxes que durante a semana superarán o 60% e nos días festivos rozarán o 90%. Noutras zonas como Sanxenxo as previsións apuntan xa a preto do 80% de ocupación nos establecementos hoteleiro de superior categoría durante os días festivos.

TURISMO RURAL

En canto aos aloxamentos de turismo rural, Turismo Rías Baixas estima unha ocupación media para toda a provincia de preto do 70%. Pola súa banda, no que respecta ás vivendas turísticas, a provincia alcanzará unha ocupación media superior ao 80% durante a Semana Santa. Ademais xa están a se facer reservas para o verán o que augura unha excelente tempada para as vivendas turísticas da provincia.

Praia de de Area da Secada, na Illa de Arousa
Praia de de Area da Secada, na Illa de Arousa | Fonte: Turismo Rías Baixas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta