A Policía realizou 451 inspeccións en prostíbulos en Galicia en catro anos

O Goberno non dispón de rexistros nin datos estatísticos sobre o número de lugares nos que se exerce ou obriga a exercer a prostitución no Estado.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/04/2022 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

As forzas e corpos de seguridade do Estado realizaron un total de 451 inspeccións en prostíbulos das catro provincias galegas desde o ano 2017 ao 2020. Así se desprende dos datos facilitados polo Goberno nunha resposta por escrito ao senador de Compromís Carles Mulet, que interpelou ao Executivo estatal sobre as cifras dos locais nos que se practica a explotación sexual de mulleres en España.

Na resposta, á que tivo acceso Europa Press, o Goberno explica que non dispón de rexistros nin datos estatísticos sobre o número de lugares nos que se exerce ou obriga a exercer a prostitución no Estado, pero que si dispón do número de inspeccións levadas a cabo.

En Galicia no ano 2020, o último do que se expoñen datos, realizáronse un total de 76 inspeccións, unha cifra sensiblemente inferior que os anteriores anos e que se corresponde ao exercicio no que a pandemia da covid obrigou a un confinamento da poboación. Deste xeito, no ano anterior, o 2019, realizáronse un total de 110 inspeccións en prostíbulos en Galicia; no ano 2018, 123; e no 2017, 142.

DATOS POR PROVINCIAS

Por provincias, no ano 2020 na Coruña, as forzas e corpos de seguridade do Estado levaron a cabo un total de 20 inspeccións; 12 menos que no 2019, cando foron 32. Ademais, tanto en 2018 como en 2019, nesta provincia houbo 46 controis en prostíbulos.

En Lugo, no 2020 realizáronse nove inspecciones, 8 menos que no 2019, cando foron 17. En 2018 foron 21 os controis realizaron e no 2017, 28. Pola súa banda, as inspeccións realizadas na provincia de Ourense no ano 2020 situáronse en 20, dous menos que en 2019 (22). Ademais, no ano 2019 houbo 27 controis e no 2018 31.

Por último, en Pontevedra, no ano do confinamento rexistráronse 27 controis; no 2019, 39; no 2018, 29; e no 2017, 38.

Prostíbulo onde se explotaba a mulleres captadas en Colombia. GARDA CIVIL - Arquivo
Prostíbulo onde se explotaba a mulleres captadas en Colombia. GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta