Como loitar contra a contaminación acústica?

Este 27 de abril celébrase o día internacional de concienciación sobre o ruído con consellos para evitar saturacións acústicas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2022 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Un total de oito millóns de europeos sofren de insomnio por culpa do ruído ambiental. Os impactos na saúde nótanse nos 43.000 ingresos hospitalarios asociados á contaminación acústica. Esta pode provocar hipertensión e problemas cardiovasculares que supoñen 10.000 mortes prematuras por efectos da acústica urbana que en moitas ocasións descoñecemos.

Perda auditiva, o que provoca a implantación dun audífono no oído
Perda auditiva, o que provoca a implantación dun audífono no oído | Fonte: OI2 - Arquivo

Por iso, este 27 de abril celébrase o día internacional de concienciación sobre o ruído e a Federación AICE ( Asociación de Implantados Cocleares de España) , así como todas as súas asociacións autonómicas, uníronse para difundir unha xornada que ten coma finalidade concienciar sobre a necesidade de coidar a nosa saúde auditiva.

O ruído é un gran factor de risco respecto da perda auditiva. Por exemplo, os niveis medios de presión acústica (NPA) en clubs nocturnos, discotecas, bares, ximnasios e locais deportivos en vivo poden oscilar entre 100 e 112 decibeis (dB) NPA; os niveis nos concertos de música poden ser aínda máis altos. Para protexer a nosa audición, nunca deberiamos escoitar diariamente máis de 15 minutos a 100 dB.

A OMS elaborou unha serie de recomendacións baseadas en probas para reducir o risco de perda de audición nas persoas que frecuentan lugares de lecer e eventos. "É unha resposta á crecente preocupación pola perda de audición causada polos sons fortes", indican desde AICE.

A norma consta de seis elementos que se aplican a locais como clubs nocturnos, discotecas, bares, concertos e festivais. Entre eles están a limitación e o control do nivel sonoro, a optimización da acústica e os sistemas de son do local, facilitar a protección auditiva persoal, o acceso a zonas tranquilas e a formación e información.

"Os implantados cocleares fan un chamamento á sociedade e ao goberno con leis máis restritivas en relación á contaminación acústica das cidades, tanto en termos laborais, tráfico, recintos de lecer pechados, terrazas, apelando ademais ao respecto polo descanso nocturno", suliña a entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta