Galicia lidera un movemento contra a norma estatal que facilita a implantación de eólicos

O Real Decreto-Lei 6/2022, pendente de convalidación no Congreso, limita a participación cidadá e as esixencias dos estudos de impacto ambiental e sobre o patrimonio cultural, denuncian as organizacións.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

Case medio centenar de colectivos galegos encabezan un movemento a nivel estatal para impedir a aplicación de varias medidas contempladas no Real Decreto-Lei 6/2022 que afectarían os procedementos de tramitación dos parques eólicos.

Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press
Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press

A norma, pendente de convalidación parlamentaria, reduce a tramitación ambiental nos

proxectos de enerxías renovables de ata 75 MW a un informe de afección que non estuda

en detalle os diferentes impactos, segundo explica a plataforma Aldeas Libres de Macroeólicos.

Así mesmo, di, "o texto arrebata o dereito dos afectados e afectadas a alegaren impactos non contemplados ou subestimados, así coma erros técnicos". Desta maneira, "ábrese a porta á aprobación de proxectos con potencial impacto ambiental que pode carrexar a expropiación forzosa dos terreos sen as suficientes garantías procesais", engande o movemento.

Ademais o RD-L 6/2022 contempla un procedemento “express” que reduce os prazos á

metade, tanto na tramitación como na exposición pública, "e mesmo considera o silencio administrativo dalgún organismo como favorable", prosegue Aldeas Libres de Macroeólicos nun comunicado.

Ante isto, o movemento iniciado por asociacións veciñais acadou xa en Galicia o apoio de case medio centenar de colectivos e está a recibir consultas e peticións de adhesión dende outras zonas, de forma que xa conta con decenas de asociacións vinculadas noutras sete comunidades do Estado: Andalucía, Aragón, Canarias, Castela e León, Comunitat Valenciana, Extremadura e Navarra. 

Entre as medidas que pretenden impulsar está a solicitude de intevención do Defensor del Pueblo, presentar un recurso de inconstitucionalidade e mesmo apelar á Fiscalía, sen descartar tampouco outras accións a nivel internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta