Galicia ingresa un 1,9% menos por impostos directos e recada un 10,9% menos de indirectos

Por E.P. | VIGO | 29/04/2022 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Os ingresos tributarios de Galicia procedentes de impostos directos baixaron un 1,9% en 2021, situándose nos 2.724,1 millóns de euros, segundo datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press.

En concreto, os impostos sobre a renda supuxeron uns ingresos para as arcas autonómicas de 2.494 millóns de euros, un 0,9% menos, mentres que a recadación de impostos sobre o capital baixou un 10,8%, ata 229 millóns. Outros impostos indirectos supuxeron 171 millóns, un 9,6% máis.

Pola súa banda, a recadación por impostos indirectos tamén descendeu un 10,9%, ata os 3.349 millóns de euros. Deste total, 2.022 millóns corresponde ao IVE, un 5,6% menos que en 2020. Por taxas e outros ingresos Galicia obtivo case 197 millóns, uns 27 millóns máis que en 2020.

Unha empregada traballa nunha oficina da Axencia Tributaria
Unha empregada traballa nunha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Marta Fernández Xara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta