Formoso insta a Rueda a sumarse ao pacto enerxético do PSdeG

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/05/2022 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a "sumarse ao pacto estratéxico en materia enerxética asinado polos socialistas coas entidades que representan aos traballadores, aos empresarios, aos territorios afectados e ás mulleres do rural". Así o sinalou este martes nas Pontes, onde lembrou que o PSdeG xa trasladou esta proposta ao predecesor de Rueda á fronte do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

O secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nun acto nas Pontes
O secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nun acto nas Pontes | Fonte: PSdeG.

González Formoso, inaugurou este martes neste concello, do que é rexedor, un centro de coworking centrado nas enerxías renovables e o hidróxeno verde. Alí, destacou que se trata dunha das "ofertas claras" que a súa formación lle pon encima da mesa ao Goberno galego.

Así mesmo, incidiu en que "o potencial de Galicia ten que despuntar no ámbito enerxético, que ten que ser un dos eixos claros dun Goberno nun momento no que a enerxía se está mostrando como un elemento estratéxico crucial para o país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta