O Sergas sumou 26 profesionais de enfermaría especialista en saúde mental nos tres últimos anos

o Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024 prevé a incorporación de 241 novos profesionais nesta especialidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2022 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou a incorporación de 26 profesionais da enfermaría na especialidade de saúde mental ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) nos tres últimos anos.

Segundo indica a Xunta nun comunicado, o Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024 prevé a incorporación de 241 novos profesionais nesta especialidade, dos que case un terzo --66-- son especialistas en enfermaría de saúde mental. "Ata o momento contratamos á metade dos profesionais previstos --120--, e deles, 26 son de enfermaría", aseverou Comesaña.

O titular do departamento sanitario da Xunta realizou estas declaracións no marco da inauguración este martes o III Xornada Galega de Enfermaría de Saúde Mental, celebrada no Hospital Lucus Augusti.

PERSOAL "FUNDAMENTAL"

Comesaña sinalou que o persoal de enfermaría especializado neste ámbito é "fundamental" para levar a cabo os programas de prevención do suicidio, así como para o "adecuado funcionamento" das unidades de saúde mental.

Así mesmo, o conselleiro incidiu na "necesidade de apoiar, visibilizar e traballar" na prevención dos problemas de saúde mental. Para iso, Comesaña lembrou que a Xunta completará a implantación de unidades de prevención do suicidio no sete áreas sanitarias do Sergas.

Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo
Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta