Policías moteros peregrinan a Santiago para "fomentar a convivencia entre corpos"

Veñen de diferentes partes de España e Portugal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2022 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Uns 200 axentes de policía de España e Portugal participaron este sábado na Concentración Internacional anual de policías motoristas, que este ano tivo lugar en Santiago de Compostela no marco da celebración do Xacobeo 21-22.

Segundo destacou a Xunta nun comunicado, a iniciativa, organizada pola Asociación Internacional de Policía (IPA), ten como obxectivo fomentar a convivencia entre persoal dos distintos corpos e forzas de seguridade --Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Garda Civil-- a través de visitas, intercambios e experiencias culturais e sociais.

Na Praza do Obradoiro foron recibidos polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que lle agradeceu á IPA a elección de Compostela como destino da concentración neste ano.

Así mesmo, Villanueva manifestou o apoio da Xunta a eventos destas características, que contribúe "á promoción turística non só da cidade, senón das rutas xacobeas e de toda a comunidade". Coa peregrinación a Santiago e a ofrenda ao Apóstolo, os axentes finalizan un programa de actividades lúdicas e culturais que iniciaron o pasado venres e que incluíu tamén visitas a Sada, Cambre, A Coruña e Cerceda.

Moto da Policía Nacional, Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional (UPR)
Moto da Policía Nacional, Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional (UPR) | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta