O cinema independente, "en recuperación" tras perder tres millóns de euros no confinamento

A industria audiovisual independente en Galicia procura saír adiante ante unha "lenta volta á normalidade" nas salas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) explicou que o sector cinematográfico independente galego aínda segue en proceso de "recuperación" tras a pandemia de Covid-19. Durante o comezo do confinamento, en marzo de 2020, Agapi estimou perdas no sector de máis de tres millóns de euros, que afectaron 20 proxectos.

Doutra banda, fontes de Agapi confirmaron a Europa Press que a crise do coronavirus implicou un "sobrecusto" nas producións. Isto débese a que necesitaron adoptar as novas medidas sanitarias (máscaras, número máximo de persoas no set,...) para sacar adiante os traballos postergados.

Ademais, a industria audiovisual independente en Galicia segue inmersa neste proceso de recuperación debido á "lenta volta á normalidade" nas salas. Os cinemas de Galicia, desde a pandemia, teñen un "grave" problema de asistencia de público, xa que as persoas non acoden ás salas coa asiduidade de outrora. Estes datos aparecen no estudo de Agapi 'Consolidación da produción audiovisual independente galega como marca de éxito internacional', presentado este xoves en Santiago de Compostela. O informe céntrase na recuperación das empresas do sector tras o Covid-19.

Ao acto, celebrado no concello de Santiago de Compostela, acudiron a concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón; o presidente de Agapi, Felipe Lage, e a xerente da asociación, Uxía Caride.

O sector de cinema independente galego continúa en 'recuperación' tras perder tres millóns de euros en marzo de 2020
O sector de cinema independente galego continúa en 'recuperación' tras perder tres millóns de euros en marzo de 2020 | Fonte: Europa Press

PRESENTACIÓN DO ESTUDO

Durante a presentación, Felipe Lage destacou á cidade de Santiago de Compostela como o "epicentro" dos traballos do sector cinematográfico independente galego. Ademais, resaltou a "solidez" das produtoras galegas que, a pesar da súa "fráxil" situación, "demostran unha gran fortaleza".

Pola súa banda, Mercedes Rosón explicou que este informe se centra nas potencialidades e debilidades do sector independente. Así mesmo, tamén remarcou que a industria audiovisual é unha "aposta segura para Galicia". Por outra banda, a concelleira destacou o capítulo do informe que se dedica integramente á paulatina incorporación das mulleres nos postos de dirección destes proxectos. Para finalizar a súa intervención, indicou que se debe "protexer" ao sector audiovisual independente.

Para finalizar co acto, Uxía Caride recapitulou os catro puntos do índice do estudo: Santiago epicentro audiovisual, sobre a creación de Radio Televisión de Galicia (RTVG) e as empresas formadas ao redor desta compañía; impacto da pandemia; éxito de produtoras independentes, que resalta documentais, empresas de servizos, traballos de 2021..., e salas cheas, alfombras vermellas e sobre o papel dos festivais na repercusión do sector independente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta