A Xunta quere conservar para a posteridade a cheminea da central térmica das Pontes

Inicia a súa declaración BIC porque "simboliza todo un conxunto excepcional na súa capacidade de produción eléctrica como na súa relación coa mina de lignitos e a súa historia de máis de cen anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2022 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pola que se incoa o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural a cheminea da central termoeléctrica das Pontes.

Respecto diso, indica que constitúe "un elemento esencial, relevante e representativo do patrimonio industrial de Galicia, tanto pola súa contribución ao sistema eléctrico de Galicia e do Estado, en que producía o 5% do total, así como para as persoas das Pontes e toda a comarca, cunha fonda pegada nas súas formas de vida".

"A cheminea de formigón, de 36,40 metros de diámetro exterior na base e 356 metros de altura, é o elemento máis destacable, único e singular do conxunto, tanto en termos cuantitativos como no relativo á caracterización da paisaxe e representatividade do total das instalacións e a súa actividade".

Esta construción foi, ademais, no seu momento, a máis alta de Europa, "da mesma maneira que simboliza todo un conxunto excepcional na súa capacidade de produción eléctrica como na súa relación coa mina de lignitos e a súa historia de máis de cen anos desde que se comezaron a estudar as posibilidades do seu aproveitamento", engade a Xunta.

Os camións do carbón da central de Endesa nas Pontes bloquean os accesos.
Os camións do carbón da central de Endesa nas Pontes bloquean os accesos. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta