12 novas xornadas de folga en xullo en Ryanair

Os sindicatos USO e SICTPLA anunciaron máis paros dos tripulante.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 02/07/2022 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Os sindicatos USO e SICTPLA anunciaron doce novas xornadas de folga para os tripulantes de Ryanair en España durante o mes de xullo. Concretamente, os paros de 24 horas levaranse a cabo do 12 ao 15 de xullo, do 18 ao 21 xullo e do 25 ao 28 de xullo nos dez aeroportos nos que opera Ryanair en España.

Avión de Ryanair
Avión de Ryanair | Fonte: Ryanair - Europa Press.

Tras seis xornadas de folga, reclaman á aeroliña un cambio de actitude e que volva retomar a negociación dun convenio colectivo que recolla unhas condicións laborais dignas e baixo a lexislación española para os seus traballadores, expuxeron.

A portavoz de USO Laura Arrasanz pediu ao Goberno e á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que medie nesta situación ante a "impasividade" da compañía. "Non somos traballadores de terceira", salientou.

A sexta  xornada de folga dos tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) de Ryanair sáldase coa cancelación do voo entre o Aeroporto de Santiago de Compostela e Marsella (Francia), que estaba previsto para as 15,00 da tarde deste sábado.

Ademais, segundo datos da web da operadora Aena, ao longo da mañá e o mediodía producíronse polo menos catro atrasos. Un deles, entre a capital galega e Milán, atrasouse case dúas horas, xa que tiña que saír ao 9,30 pero finalmente despegou sobre as 11,20.

Mentres tanto, outro avión previsto para as 11,15 desde Lavacolla cara a Málaga reprogramouse para as 13,27.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta