Galicia abafa: a Xunta eleva a vermella a alerta por altas temperaturas na zona do Miño en Ourense

Estarán en aviso laranxa o sur de Lugo, o noroeste e sur de Ourense e o interior da zona do Miño na de Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/07/2022 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou para este mércores a alerta vermella por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense.

Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), trátase dun fenómeno meteorolóxico que se espera que empezo cara ao mediodía, con temperaturas que poderán alcanzar os 42 graos.

Ademais, estará activa este mércores a alerta laranxa por temperaturas que poden chegar ata os 41 graos no sur de Lugo e aos 39 graos no noroeste e o sur de Ournese e no interior e a zona do Miño na provincia de Pontevedra.

Tamén para este xoves está prevista outra alerta laranxa con máximas ata os 39 graos no interior da provincia da Coruña; no noroeste e nas zonas do Miño e de Valdeorras de Ourense; así como no interior e na zona do Miño de Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros.

Dúas persoas saúdanse á beira dun termómetro na rúa que marca 41 graos, a 12 de xullo de 2022, en Ourense, Galicia (España). Os termómetros da práctica totalidade do territorio galego alcanzarán valores ?extremos? debido á onda de calor qu. Rosa Veiga - Europa Press
Dúas persoas saúdanse á beira dun termómetro na rúa que marca 41 graos, a 12 de xullo de 2022, en Ourense, Galicia (España). Os termómetros da práctica totalidade do territorio galego alcanzarán valores ?extremos? debido á onda de calor qu. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta