Cancelado un voo con destino Santiago pola folga en Ryanair

O voo debía partir ás 10,05 horas da cidade francesa de Bordeus.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2022 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Só un voo con destino ou chegada a un aeroporto galego foi cancelado na mañá deste venres por mor da folga de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) das compañías easyJet e Ryanair, segundo informaron os sindicatos, que achegaron un balance no arranque da xornada que arroxa á primeira hora da mañá un total de 26 voos cancelados e 46 con atrasos en toda España.

Avións de Ryanair
Avións de Ryanair | Fonte: Europa Press.

En concreto, un voo de Ryanair que partía ás 10,05 horas da cidade francesa de Bordeus e que estaba previsto que chegase a Santiago de Compostela sobre as 11,30 horas deste venres foi cancelado.

Ademais, as mesmas fontes informaron de que outro avión de Ryanair con destino Santiago tamén sufriu atrasos debido á folga. Pola súa banda, ningún voo de easyJet con saída ou chegada a Galicia sufriu as consecuencias da folga dos traballadores, no balance das 09,00 horas dos sindicatos.

Este venres os tripulantes de cabina de pasaxeiros de easyJet en España retoman o seis novas xornadas restantes de folga convocadas polos sindicatos USO e Sitcpla, xornadas que coinciden co reinicio da folga do TCP de Ryanair, que empezou este martes, segue este venres e continuará do 18 ao 21 de xullo e do 25 ao 28 de xullo, en plena 'operación saída' da segunda quincena de xullo en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta