As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

A publicación de referencia no humor gráfico da internet galega, os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’, pechou hoxe. A razón, as ameazas legais lanzadas pola poetisa e comunicadora Yolanda Castaño. Os ‘Aduaneiros sen Fronteiras’ publicaran unha animación na que os internautas podían vestir e desvestir a Castaño.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2007 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

Os Aduaneiros recibiron unha carta do avogado de Castaño na que ameaza cunha "demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade". Os humoristas decidiron pechar a popular páxina "mentres o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciais fóra de lugar".

Dáse a circunstancia que Yolanda Castaño ten colaborado con moitos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo e Galicia Hoxe. Na actualidade é responsábel da tenda do Grupo Sargadelos na Coruña.

En todo caso, as novos chistes gráficos duns dos autores dos Aduaneiros, Berto Yañez, seguen en liña na súa web Ber.to.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

27 Moi-Fraxil

Róncalle o carallo! Quen foi esa Marta á que lle recomendou que depilase as cellas?? Esa entrevista eu non a lin, mais o comentario é unha lindeza...

26 Moi-Fraxil

Eu tamén son aduaneira - e muller de letras. Polo que coido que dou distinguido a sátira e o humor do insulto e a aldraxe. Se non me traizoa a memoria, moitos comentarios sobre a Sra. Yolanda (o de Srta. xa cheira a sexista) só podían ser clasificados no segundo grupo.
Entendo que esta muller esperte antipatías, envexas, carraxe, luxuria, úlcera gástrica ou o que for a cadaquén. E entendo que a rede é libre, como a expresión, que non respeta alfándegas. Mais se se considera un pedófilo a un que carrega videos desas características na rede, tamén se debería considerar un difamador a alguén que insulta na rede.
Disimulen os escrúpulos, meus amigos, pero coido que os blogues e as páxinas webs non deberían protexer a aqueles que devecen por converter o anonimato en inmunidade e impunidade.
O gráfico sobre Yolanda era ben chusco - pero se navegaron por augas profundas dnestes últimos meses decataríanse de que o que se fai na rede con esta muller ás veces linda co ciberlinchamento.

25 puuuf

Manuel Rivas, por exemplo, non se aproveita, vén se ve que se dedica ao seu traballo, nen fastidia aos demais total de subir ou equivócome???. Pode gustar ou non, pero creo que é moi pero que moi honesto, xa lle gustaría á Yoli, xa....

24 sdf

zzzzzzzzzzzzzzz

23 galicia/galiza/etc

Apreciada Marta:

Non estou falando das mulleres en xeral. Calquera persoa pode entendelo. Estoume a referir EN EXCLUSIVA Á divina. NON SEXAS DEMAGÓXICA.

Por certo, en canto xurda ocasión falamos de Manuel Rivas, Lois Celeiro, Suso de Toro, etc.