Autores de manga en español danse cita na 25 edición do Salón do Cómic da Coruña que, como en anteriores edicións, volve reunir propostas para todos os públicos e a promover encontros con autores, con charlas programadas no Quiosco Alfonso.
"É o mellor festival", dixeron varios dos participantes nun encontro cos medios de comunicación no que estiveron os autores Borja González, Alicia Jaraba, Fernando de Felipe, Fidel de Tovar e Dani Bermúdez.
Fixérono cun repaso á súa obra e avanzando algunhas das súas novas propostas. Así o expuxo o autor de 'The Black Holes', Borja González, quen manifestou que o seu próximo libro será unha continuación "case directa de 'Grito nocturno'".
Pola súa banda, a viguesa Alicia Jaraba subliñou a oportunidade que supuxo para ela poder publicar en España e destacou, como outros autores, que o confinamento supuxo "un momento moi importante de creación".
Na rolda de prensa, participaron tamén o debuxante Dani Bermúdez e o guionista Fidel de Tovar, que colleitaton éxitos con mangas como 'Arashiyama, a montaña dos desexos'.