100.000 persoas e 80.000 quilos de polbo no Carballiño

A localidade celebra a súa tradicional festa, con 60 anos de historia.

Por E.P. | O Carballiño | 14/08/2022 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O Concello ourensán do Carballiño celebrou a súa festa do polbo, unha tradición con 60 anos de historia. O día grande, coa comida popular no Parque Municipal, foi este domingo, pero en toda a fin de semana o goberno municipal estima que gozaron do evento máis de 100.000 persoas consumindo case os mesmos quilos de polbo: ao redor de 80.000.

Un grupo de persoas come polbo na festa do Carballiño 2022
Un grupo de persoas come polbo na festa do Carballiño 2022 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Este sábado non foi a excepción. Desde primeira hora da mañá, miles de persoas achegáronse ata o Parque Municipal da localidade para gozar da preparación do prato estrela na súa festa grande, declarada este mesmo ano de Interese Turístico Internacional.

"Temos uns amigos galegos que estaban moi insistentes con que probásemos o polbo do Carballiño, así que aproveitando que estabamos en Sanxenxo hoxe collemos o coche e achegámonos", comentaron Paula e Mateo, unha parella madrileña que pasaba o día no Parque Municipal.

Trátase só dunha das múltiples mostras porque familias enteiras acudiron á vila a recuperar unha tradición anual que levaba dous anos sen poder celebrarse.

Avós e netos volveron compartir racións de polbo no recinto, aínda que mantendo os principios de prevención e cautela, por iso aínda que en edicións anteriores o recinto albergaba máis de 1.200 persoas este ano limitouse a 800 comensais. Para manter o control debían sacar unha entrada previa que lle permitía acceder ao recinto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta