Brincadeiras en Twitter tras vincular Feijóo a presenza de candorcas con que hai "moito peixe nas rías"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2022 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A visita do líder do PP e expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á localidade de Porto do Son este xoves xirou en torno á situación do sector pesqueiro, para o que demandou a adopción de diversas medidas como a "recomposición" das cotas.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante a súa visita a Porto do Son.. César Arxina - Europa Press
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante a súa visita a Porto do Son.. César Arxina - Europa Press

Porén, o foco centrouse noutra das súas declaracións. Ao longo da súa intervención ante os medios, Feijóo aludiu aos incidentes coas candorcas, que aumentaron nos últimos tempos, e suxeriu que a presenza recorrente destes cetáceos "probablemente se dea porque hai moito peixe nas rías".

En concreto estas declaracións non pasaron desapercibidas nas diferentes redes sociais, e sobre todo en Twitter, que se colmou de multitude de bricandeiras e comentarios que poñían en cuestión esta afirmación. Dende CEMMA aseguran que o motivo de que as candorcas cheguen a Galicia está en que "van seguindo o atún que vén do Mediterráneo". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 lad

Cuñado ao cubo, este individuo pásalle coma ao peixe, pola boca morre.

2 Farruco

Se fue para Madrid hace 15 días y ya viene falando el castejano y diciendo que hay moito peixe na tus, el sabe ben que el peixe está en San Cayetano.

1 Cruget

Disque son animáis muy intelixentes, nón ?, será q veñen entón en busca de "fariña" ...