Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/09/2014 | Actualizada ás 15:00
O BNG denuncia que varias persoas foron identificadas por portar bandeiras nacionalistas e lemas independentistas durante o transcurso da última edición de La Vuelta que se celebrou este domingo en Santiago.
Militantes nacionalistas exhibiron durante algúns tramos do percorrido bandeiras coa estrela vermella e cartaces co lema "Galicia is not Spain". Un feito polo que foron identificados por axentes da Policía.
O BNG publicou varias destas imaxes na súa conta de Facebook. Non é a primeira vez que denuncian "o escándalo" que supoñen as identificacións por portar simboloxía nacionalista ou independentista durante o paso de La Vuelta ciclista por Galicia.
O Bloque chamou a "toda a cidadanía galega a exhibir os símbolos nacionais" para "amosar que Galiza existe e que é unha nación" durante este evento deportivo. Nun rececente comunicado criticaron que se "vulnere o dereito á liberdade de expresión" d@s nacionalistas mentres "se permite a exhibición de bandeiras españolas" e outros materiais.
Non é o único feito denunciado por formacións nacionalistas. Tamén Causa Galiza denunciou publicamente a identificación e agresión dun militante na Coruña cando tentaba pendurar unha faixa independentista durante o paso dunha etapa de La Vuelta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.