Convocadas novas probas Celga para os niveis 2, 3 e 5

O prazo de inscrición e de pago de praza estará a aberto a partir do próximo luns 12 e ata o 30 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A Xunta convocou novas probas Celga para os niveis con máis solicitudes, o 2, 3 e 4. O prazo de inscrición e de pago de praza estará a aberto a partir do próximo luns 12 e ata o 30 de setembro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou, este venres, a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acrediten os niveis de coñecemento da lingua galega.

Segundo informou a Xunta, esta nova fase é a segunda convocatoria que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades efectúa no 2022. As probas están previstas para a segunda quincena de novembro e, se é necesario, tamén para a primeira de decembro. As datas concretas publicaranse "máis adiante" no DOG e en Portal da Lingua. Os lugares de realización dos exames serán en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Así, tanto as solicitudes como o xustificante de pago poderanse presentar a través da sede electrónica da Xunta ou de forma presencial. En canto á taxa, é de 16,92 euros por cada un dos niveis nos que se inscriba o solicitante, salvo que estea exento por acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

O Celga pode obterse coa superación destas probas ou coa validación de estudos nos supostos recollidos na Orde do 10 de febreiro de 2014, na que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Exames Celga. XUNTA - Arquivo
Exames Celga. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta