Falece aos 90 anos Saleta Goy, viúva de Manuel María e presidenta da fundación do poeta

Será enterrada no cemiterio de San Xoán de Outeiro de Rei este luns.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/09/2022 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Saleta Goy, viúva do escritor Manuel María e presidenta da fundación que acolle o legado do poeta na Casa-Museo en Outeiro de Rei, faleceu aos 90 anos na Coruña.

O poeta Manuel María e a súa dona Saleta Goy
O poeta Manuel María e a súa dona Saleta Goy | Fonte: FUNDACIÓN MANUEL MARÍA - Europa Press.

Os seus restos serán velados no tanatorio de Servisa da Coruña este domingo, e o luns realizarase na Casa-Museo Manuel María unha despedida civil, ás 17 horas. Tras iso será enterrada, ás 18,00 horas, no cemiterio de San Xoán de Outeiro de Rei, a 250 metros da Casa-Museo.

Goy, tras o falecemento do poeta en 2004 e acompañada por un grupo de amizades, creou a Fundación Manuel María de Estudos Galegos co obxectivo de adquirir a casa natal do escritor, coñecida como Casa das Hortas, e convertela en casa-museo para dar acollida ao conxunto do legado do poeta.

A fundación, presidida pola viúva, creouse no ano 2007 e a casa-museo en 2013. Alí móstrase ao público todo o legado do escritor e promóvese a difusión da súa obra literaria mediante publicacións, teatro, composicións musicais, concursos de recitais poéticos e videopoemas, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta