Por fin Galicia podería ter un Plan de Arquivos

O obxectivo é dotar e ordenar os recursos, optimizar a xestión documental e potenciar a difusión dos documentos dos arquivos.

Por E.P. | Compostela | 16/09/2022 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, avanzou este venres no Parlamento que a administración autonómica espera aprobar o Plan de Arquivos de Galicia no último trimestre deste ano.

Segundo trasladou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en comisión parlamentaria, xa contan con todos os informes favorables, polo que agora prevén que o plan sexa elevado e aprobado no Consello da Xunta neste último trimestre.

Sobre o plan, explicou que conta con "tres liñas estratéxicas": dotar e ordenar os recursos, optimizar a xestión documental e potenciar a difusión dos documentos que forman parte dos arquivos.

Este tres liñas estratéxicas, destacou, teñen "sete obxectivos e máis de 40 accións singulares" que teñen como finalidade "mellorar e ordenar os recursos persoais e materiais, así como optimizar a organización e funcionamento destes equipamentos".

O plan aplicarase nos centros xestionados pola Xunta: 12 arquivos centrais, seis territoriais, o catro arquivos históricos provinciais e o Arquivo de Galicia, situado na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Arquivos, libros
Arquivos, libros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta