O comité de Coremain denuncia a pretensión da empresa de despedir "decenas" de traballadores

Afirma que vai presentar un ERE de extinción, tras perder o proxecto Vodafone, que se podería trasladar a Perú.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/09/2022 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Coremain, empresa provedora de servizos de tecnoloxía, denunciou a intención da dirección de presentar un ERE de extinción que suporá o despedimento de "decenas" de traballadores e traballadoras, tras perder o proxecto Vodafone, que se podería trasladar a Perú.

Coremain
Coremain | Fonte: Google Maps.

O sindicato CIG confirmou que a empresa comunicou a finais de agosto aos representantes do persoal a súa intención de aplicar este ERE, aínda que "a día de hoxe, segue sen concretar o número de despedimentos, que vai desde 30 a 80 persoas", ou a posible deslocalización de postos de traballo.

Por iso, denunciou que o persoal vive estes momentos con "incerteza" e expresou o rexeitamento do comité a calquera medida que supoña despedimentos.

Os representantes dos traballadores culpan da actual situación á aposta de Coremain por derivar parte da carga de traballo a Perú nos últimos anos, e advertiron de que "todo apunta" a que a nova adxudicataria do proxecto Vodafone (CAU-Centro de Axuda ao Usuario) pretende trasladar todo o servizo de atención ao país andino.

"Isto supón seguir profundando na redución de postos de traballo do sector en Galicia, así como o traslado de datos de miles de persoas a un país que non está suxeito á normativa europea de protección de datos", alertaron, e denunciaron tamén que Vodafone prioriza os seus beneficios económicos "á conta dos dereitos laborais".

Por outra banda, o comité tamén criticou que a Xunta "segue sen exercer as súas competencias" e non esixe ás empresas que operan en Galicia que garantan a atención en galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 xurxosalgado

AVISO. Avisamos seriamente ás persoas que suplanten a identidade doutra persoa que corren o risco de ser denunciadas. Calquera acción nese sentido será duramente reprimida por parte da redacción deste medio. Un saúdo

2 Traballador

Pero como un comité pode ir decindo estas barbaridades a prensa? Casi todo é mentira... Esto é denunciable e ojalá a empresa o faga!

1 MataPatrix

Seguid siendo serviles... Que así os va

1 Alcornoque

Dan asco esta panda de inútiles retrasados do comité de empresa. A sua máxima é mentir, mentir e mentir.

1 FaimeDuas

¿Para que lles votaches?

2 Chimpin

Empezando pola vendedora de fume do reino... Que vai cos modeliños por ahí facendo como que fai e non fai nada..

3 Manuel Barca

Moi ben a empresa pa chimpar a xente

4 anonimo

O que te Bota e o empresario... Paspán!!