UGT e CCOO anuncian "conflitos" pola suba de prezos e piden subidas salariais

Tras a manifestación na Coruña, as protestas continúan este venres día 7 en Lugo, Ourense e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Os sindicatos UGT e CCOO convocaron mobilizacións en distintas cidades galegas para reclamar "xustiza social" en demanda de subidas salariais que garantan o mantemento do poder de compra ante o incremento "desbocado" dos prezos.

Este xoves ao redor de 500 persoas --segundo os organizadores-- manifestáronse polas rúas da Coruña, desde o Obelisco ata a praza de Mina onde leron un manifesto. Na protesta participaron o secretario xeral de UGT, José Antonio Gómez, e a secretaria xeral CCOO Galicia, Amelia Pérez, quen coincidiron en denunciar que a clase traballadora "non pode seguir pagando os custos da crise".

En declaracións aos xornalistas, Gómez insistiu en que a inflación "supera o 10%" en Galicia e ante este problema "non queda máis remedio que subir os salarios ou haberá conflitos en todos os sectores". "Hai miles de familias en situación de vulnerabilidade e máis de 500.000 persoas en Galicia que aínda traballando teñen salarios de pobreza inferiores a mil euros", denunciou.

As protestas continúan este venres en Lugo, Ourense e Vigo, coincidindo coa celebración o 7 de outubro da Xornada Mundial do Traballo Decente. O día 3 de novembro está prevista unha mobilización en Madrid.

Manifestación celebrada este xoves na Coruña para reclamar 'xustiza social'. UXT
Manifestación celebrada este xoves na Coruña para reclamar 'xustiza social'. UXT | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta