A CIG denuncia os datos "demoledores" do desemprego en Galicia e cualifica de "insuficientes" as medidas

Reclama tanto ao Goberno central como á Xunta políticas públicas de intervención da economía en sectores estratéxicos como o financeiro e o enerxético

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

Delegados sindicais da CIG mobilizáronse en sete cidades galegas para reclamar tanto ao Goberno central como á Xunta políticas públicas de intervención da economía en sectores estratéxicos como o financeiro e o enerxético que eviten que a clase traballadora "pague unha vez máis" a crise.

Esta xornada de protestas enmárcase nunha campaña en defensa da aplicación de dez medidas "urxentes" propostas pola CIG en materia de electricidade, transporte, combustible, emprego, salarios, alugueres e dereitos sociais, entre outras, para "frear os efectos dos altos prezos e afrontar unha saída galega xusta da crise".

En declaracións aos xornalistas durante a concentración celebrada este xoves ante a Delegación do Goberno na Coruña, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denunciou que en Galicia o desemprego "crece tres veces máis" que no conxunto do España, onde no último ano "aumentaron nun 4'4% os ricos". "Son datos demoledores", lamentou. Neste contexto, Carril cualificou de "insuficientes" as medidas contidas no Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado presentadas o pasado mércores polo Goberno central.

O representante sindical insistiu, ademais, na "necesidade" de subir o Salario Mínimo Interprofesional ata o 60% do importe medio, "tal e como establece a Carta Social Europea", cifra que suporía 1.197 euros ao mes. "Actualmente, non hai estabilidade laboral nin garantía de ingresos", apostilou.

Delegados sindicais da CIG concéntranse ante a Delegación do Goberno na Coruña. CIG
Delegados sindicais da CIG concéntranse ante a Delegación do Goberno na Coruña. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta