Máis de 130.000 desempregados terán axudas de conciliación, transporte e aloxamento para asistir a cursos

A Xunta destinará a esta finalidade un orzamento de 8,5 millóns de euros, un 6,5% máis que na edición precedente, coa expectativa de chegar a máis de 15.300 persoas beneficiarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O Goberno galego autorizou na súa reunión deste xoves unha nova convocatoria de axudas directas para apoiar a participación de persoas desempregadas en cursos para o emprego en 2022 e 2023 cos gastos de desprazamento, mantemento, aloxamento e conciliación nos que poidan incorrer.

A Xunta destinará a esta finalidade un orzamento de 8,5 millóns de euros, un 6,5% máis que na edición precedente, coa expectativa de chegar a máis de 15.300 persoas beneficiarias.

Para facilitar a súa participación, concederanse axudas de asistencia a colectivos prioritarios que presentan especiais dificultades para a súa inserción laboral.

Así, outorgará axudas de 9 euros por día de clase ao alumnado con discapacidade de polo menos o 33%; a integrantes de familias numerosas ou de carácter monoparental e ás persoas que participen nun itinerario personalizado de inserción.

Estas axudas ascenderán a 10 euros por día para as vítimas de violencia de xénero que participen nas accións e, como novidade este ano, incluirán como beneficiarias ás que padezan violencia vicaria ou dixital.

Paro, Parados Empleo, Desempleo, Trabajo, INEM, Seguridad Social, Autónomo
Paro, Parados Empleo, Desempleo, Trabajo, INEM, Seguridad Social, Autónomo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta