Os altos niveis de inflación en Europa durarán "como mínimo ata 2025", segundo conselleiro independente de Abanca

O economista Vázquez Taín destaca "a necesidade de substitución xeracional" e que hai que "buscar novos perfís relacionados coa sustentabilidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O exconselleiro executivo de BBVA e actual conselleiro independente de Abanca, José Manuel González Páramo, sinalou este xoves que os altos niveis de inflación "persistirán durante moito tempo, como mínimo ata 2025, tal e como di o Banco Central Europeo" e puntualizou que a crise de prezos foi "sistematicamente infraestimada desde a primavera de 2021".

González Páramo explicou, durante o seu relatorio no VII Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia celebradas en Santiago de Compostela, que "desde hai 40 anos non se vían taxas de inflación como as actuais" e que "é difícil que se volva ás cifras de inflación que se tiñan".

Así mesmo, o exconselleiro executivo de BBVA fixo fincapé en que o compoñente principal da inflación "é a enerxía, seguida dun produto básico como son os alimentos". No acto tamén participou o presidente do Consello Xeral de Economistas de España, Valentí Pich Rosell, que insistiu en que "as normativas de sustentabilidade teñen que axustarse ás realidades das pemes". Así, destacou que hai, por exemplo, que "determinar o tempo medio aos provedores" e que, nisto, "non hai ninguén máis informado que os auditores".

Doutra banda, o presidente do Consello de Economistas Galegos, Miguel Ángel Vázquez Taín, subliñou "a necesidade de substitución xeracional" e que hai que "buscar novos perfís relacionados coa sustentabilidade". Ademais, sinalou o protagonismo que cobrarán "as novas normas de control de calidade interno".

Nesta liña, o presidente do Instituto de Censores Xurados de Contas de España (ICJCE) de Galicia, Enrique González, insistiu na necesidade de "apostar pola calidade humana" e "reinventar a relación da profesión coas universidades e mellorar a definición das carreiras".

O Conselleiro Executivo de BBVA e conselleiro independente de Abanca, José Manuel González Páramo
O Conselleiro Executivo de BBVA e conselleiro independente de Abanca, José Manuel González Páramo | Fonte: XUNTA DE GALICIA - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta