"Salvar e fortalecer a Atención Primaria", obxectivo das mobilizacións do 30 de novembro en toda Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública chamou á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas o 30 de novembro en varias localidades galegas para "salvar e fortalecer a Atención Primaria e todo o sistema sanitario público galego", que "está ameazado polas políticas de recortes e desmantelamento da Xunta".

Segundo sinalou a plataforma nun comunicado, o obxectivo desta convocatoria, que levará a cabo en diversas localidades, é "pór en valor a Iniciativa Lexislativa Popular" que SOS Sanidade Pública puxo en marcha no mes de xuño e que "demostra que outra Atención Primaria é posible".

Deste xeito, a plataforma sinalou que a poboación "sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida" nos centros de saúde, puntos de atención continuada (PAC) e servizos de Pediatría de Atención Primaria. Así, denunciou as listas de espera "de días ou semanas", o peche de PAC e centros de saúde rurais ou o abandono da participación comunitaria.

Nesa liña, insistiu que o persoal dos centros de saúde e PAC está "sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral", así como a unha "enorme presión asistencial por falta de recursos".

Varias persoas con pancartas en defensa da sanidade pública galega, durante unha manifestación convocada para demandar 'máis recursos' para Atención Primaria
Varias persoas con pancartas en defensa da sanidade pública galega, durante unha manifestación convocada para demandar 'máis recursos' para Atención Primaria | Fonte: C. César Arxina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta