Un novo temporal azotará a costa galega este xoves deixando chuvias persistentes e fortes ventos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 23/11/2022 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

As choivas abundantes afectarán este xoves a Galicia e os ventos e os fenómenos costeiros a todo o litoral, segundo prognosticou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

En concreto, Aemet activou o aviso por risco importante (laranxa) por mór de fenómenos costeiros causados por mar combinado do noroeste e ondas de 5 a 6 metros no litoral.

Unha muller cun can tenta controlar e protexerse cun paraugas
Unha muller cun can tenta controlar e protexerse cun paraugas | Fonte: Eduardo Parra

Deste xeito, a Comunidade seguirá sendo o punto de chegada de todas as borrascas que se forman no Atlántico.

Os ceos cubertos volverán a ser a tónica habitual e as chuvias persistentes e intensas dende primeiras horas irán collendo un carácter máis intermitente a medida que avance a tarde.

Os datos de MeteoGalicia sobre a xornada deste mércores tamén son alarmantes, sobre todo no que a vento se refire, pois acadáronse rachas de 128,3 kilómetros por hora en Viveiro e ata 145,2 en Muras.

Polo que atinxe ás chuvias, o rexistro máximo ata última hora da tarde foi de 47,3 litros por metro cadrado en Pedrafita do Cebreiro; seguido dos 44,9 que caeron en Fornelos de Montes; e dos 38,8 do Porriño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta