Tres persoas detidas en Ourense nunha operación contra o narcotráfico na que se incautaron 82 quilos de cocaína

En total foron seis as persoas detidas, as outras tres na localidade madrileña de Majadahonda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2022 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

Seis persoas foron detidas nunha operación contra o narcotráfico que se levou a cabo en Ourense e na localidade madrileña de Majadahonda e na que se incautaron, aproximadamente, 82 quilos de cocaína.

Segundo trasladaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en Ourense foron tres as persoas detidas. Dúas delas ingresaron en prisión e unha quedou en liberdade coa obrigación de comparecer cada 15 días. As outras tres persoas foron detidas no municipio madrileño de Majadahonda.

Durante este operativo, denominado 'Operación Espita' e desenvolvido por axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) grupo 2º Vigo, incautáronse tamén tres armas de fogo e máis de 90.000 euros en efectivo.

Ademais, os axentes interviñeron tres vehículos, unha prensa, unha envasadora ao baleiro, así como outros efectos relacionados.

Droga intervida pola Garda Civil
Droga intervida pola Garda Civil | Fonte: Arquivo Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta