Hombres G súmase aos concertos do 8 de xullo en Santiago xunto a Robbie Williams e Martin Garrix

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O grupo madrileño Hombres G sumouse este venres aos artistas confirmados para actuar o 8 de xullo en Monte do Gozo (Santiago), segundo sinalou a promotora Live Notion nas redes sociais. Así, súmase a Robbie Williams e o Dj Martin Garrix, artistas que se confirmaron este luns e mércores, respectivamente.

O concerto levará a cabo previsiblemente dentro da xira que para promocionar os 40 anos de Dani, David, Javi e Rafa como conxunto musical.

A banda nada en 1983 ofrecerá un total de corenta concertos o próximo ano por España, Latinoamérica, Estados Unidos e Canadá. Ata agora a única parada que se coñecía dentro desta xira en Galicia era o 18 de novembro no Coliseum da Coruña.

O cartel da xornada musical que terá lugar o 8 de xullo aínda non está completo, xa que "quedan artistas por confirmar". Ademais, non hai información sobre o prezo das entradas nin tampouco sobre cando sairán á venda.

ROBIE WILLIAMS E MARTIN GARRIX

Así mesmo, o británico Robbie Williams recalará por primeira vez en Galicia dentro da súa nova xira 'XXV', coa que celebrará 25 anos de éxitos como solista.

Pola súa banda, o DJ e produtor neerlandés Martín Garrix subirase ao escenario de Monte do Gozo por segunda vez, despois de actuar nel en 2018 dentro do festival 'O Son do Camiño'.

Cartel que anuncia o concerto de Martin Garrix no Monte do Gozo o 8 de xullo / Sweet Nocturna / Europa Press
Cartel que anuncia o concerto de Martin Garrix no Monte do Gozo o 8 de xullo / Sweet Nocturna / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta