A Ría de Arousa respira tranquila: xa non hai contaminación nas súas augas

Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa anunciou que desactiva a fase de emerxencia en situación 1 do Plan Marítimo Nacional de resposta ante a contaminación do medio marítimo na Ría de Arousa, que fora activada a semana pasada.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/12/2022 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa anunciou que desactiva a fase de emerxencia en situación 1 do Plan Marítimo Nacional de resposta ante a contaminación do medio marítimo na Ría de Arousa, que fora activada a semana pasada.

Segundo detallou a Dirección Xeral da Mariña Mercante, esta fase activouse o pasado xoves despois de que o helicóptero Pesca I de Gardacostas de Galicia detectase restos de contaminación na Pobra do Caramiñal e O Grove.

Así, o pasado martes día 13 activouse un período de alerta motivado pola aparición de restos de fuel mesturado con algas en varios areais do municipio pontevedrés da Illa de Arousa.

Ademais, este sábado, durante o estado de emerxencia, tamén se detectaron restos na enseada da Pobra do Caramiñal e unha "mancha superficial" na canle da Ría, entre A Pobra e A Illa, desde o avión de Salvamento Marítimo AS102.

Con todo, Capitanía defendeu que desde que se declarou a fase de alerta mobilizáronse tanto medios aéreos como marítimos das diferentes institucións para realizar o seguemento.

Vista xeral dunha das praias onde se atoparon restos de chapapote mesturados con algas, a 13 de decembro de 2022, na Illa de Arousa
Vista xeral dunha das praias onde se atoparon restos de chapapote mesturados con algas, a 13 de decembro de 2022, na Illa de Arousa | Fonte: Gustavo Paz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta