O Día de Nadal deixa tres novos falecidos con Covid

Descenden os casos activos pero soben as hospitalizacións

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2022 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este martes os falecementos de tres persoas que estaban diagnosticadas de covid-19 o 25 de decembro, Día de Nadal. En paralelo, nas últimas horas produciuse un descenso dos casos activos, que baixaron dos 2.000, mentres que os hospitalizados en Galicia subiron lixeiramente, ata os 258.

En canto aos óbitos, o 25 de decembro morreron tres mulleres que contaban con patoloxías previas: unha de 92 anos na área sanitaria de Vigo, unha de 85 na da Coruña-Cee e outra de 87 na de Santiago-Barbanza. Con elas, a listaxe de falecidos que deixa a pandemia na Comunidade ascende a 4.008.

No entanto, segundo os datos do Sergas ofrecidos este martes, actualizados ás 18,00 da tarde do luns, os casos activos da covid-19, é dicir, as persoas que están a atravesar a enfermidade, baixaron ata as 1.975, que son 66 menos que hai 24 horas.

O descenso é case xeneralizado, coas únias excepcións da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, que contabiliza 205 pacientes covid, cinco máis que un día atrás; e a de Ferrol, con 160 casos activos, tres máis.

Así, os casos activos diminuíron nas áreas da Coruña-Cee, a 511 (-2); Vigo, a 390 (-17); Santiago-Barbanza, a 270 (-15); Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 234 (-32); e Lugo-A Mariña-Monforte, a 205 (-8).

Todo iso tras 24 horas nas que o Sergas contabilizou 160 novos positivos en covid-19. Boa parte concentráronse na área da Coruña, con 43, á que seguen Vigo (28), Pontevedra (21), Santiago (19), Ourense (19), Lugo (16) e Ferrol (14).

No que respecta aos hospitalizados con covid en Galicia, nas últimas horas subiron lixeiramente, ata os 258 en total (+5). En concreto, hai 250 pacientes en planta (+2) e oito en unidades de coidados intensivos (+3).

Os ingresados ascenderon nas áreas da Coruña, a 83 (+1), Ourense, a 30 (+3), e Pontevedra, a 24 (+3), mentres que diminuíron na de Vigo, a 40 (-2). Mentres tanto, os hospitalizados covid mantivéronse sen variación nas áreas de Santiago, con 33, Ferrol, con 26, e Lugo, con 22.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 que foi trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo, Galicia (España), a 3 de setembro de 2020. O centro do Incio rexistrou xa nove falle. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 que foi trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo, Galicia (España), a 3 de setembro de 2020. O centro do Incio rexistrou xa nove falle. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta