Detido o grapo Cela Seoane na Coruña por apoloxía do terrorismo

Foi arrestado canda outras dúas persoas por apostar pola loita armada nunhas xornadas anticapitalistas celebradas en Llodio hai un ano.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/11/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un ano despois de participar na localidade vasca de Llodio nas II xornadas anticapitalistas organizadas pola Gazte Asamblada dese municipio, a Garda Civil detivo  a tres persoas por apoloxía do terrorismo. E, entre os detidos está o o ex preso do Grapo Suso Cela Seoane.

Josefa Seoane, nai de tres GRAPO e imputada por enaltecemento do terrorismo
Josefa Seoane, nai de tres GRAPO e imputada por enaltecemento do terrorismo | Fonte: diariomontañes.com

Suso Cela é irmán de José Francisco e Carlos, outros dous destacados membros do Grapo. Tamén a súa nai, Josefa Seoane, foi imputada en maio polo xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz por un delito de enaltecemento de terrorismo. 

O Instituto Armado impútalle un delito de apoloxía do terrorismo por instar á loita armada.  Ademais de Cela Seoane foron detidos o avogado dos reclusos desta organización Juan Manuel Olarieta Alberdi, en Madride e Aitor Cuervo, na Rioxa

No transcurso das dúas horas e media que durou a conferencia, titulada "Situación Movemento Obreiro e Presos Políticos", os detidos, que interviñeron como relatores, lanzaron diversas consignas a favor da loita armada e dos presos do PCE(r)-Grapo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Doutor Moreno

Os Xenerais e demais tropilla do Exército español tamén están pola loita armada......ou disparan caraveis????. Ao talego, pois, con eles.....

2 cuspidiño

pero cantos años teñen toda esa xente.... si parecen da xeriatria, un comando xerontoloxico. onde vamos ir parar, e a xente que di viva FRANCO, anda paseando coas bandeiras nazis... nada... e o -vieiras que ten bula para non pasar por taquilla.... señores esto e lamentable e non me vale coa disculpa de que agora vai abandonar a política cara o grupo mixto... non seño de grupo mixto nada de nada, vai a acompar a Carmen la roja y a otra de venga!

1 Joám

Bravo! Quando parece que nom é posível superar o nível de amarelismo deste portal, zas! outra nova lixo.