'Vai por vós': novo tema e videoclip de Tecor Societário

Trátase dun adianto do que será o seu novo disco, traballo que verá a luz a finais deste 2023.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2023 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Tecor Societário traballa nun novo disco cuxa saída está prevista para finais de 2023. A banda compostelá apostou por dilatar a publicación do seu novo material, que irá vendo a luz aos poucos en datas sinaladas ao longo deste ano.

Tecor Societário. Foto cedida por Roi Maceda.
Tecor Societário. Foto cedida por Roi Maceda.

"Vai por vós" pretende ser unha homenaxe a todas as persoas que, malia as dificultades, continúan, ano tras ano, amosando que Galiza non é un país manso, no que nunca pasa nada.

Para ilustrar o contido da letra, Tecor Societario decidiu presentar un vídeo, que foi encargado ao coñecido realizador galego Pixelinphoto. Nel, amósanse fragmentos do proceso de gravación, así como materiais orixinais, gravados polo colectivo de contra información Galiza Contrainfo, que dan testemuño dalgúns dos conflitos sociais aos que a banda pretende facer referencia.

 

A presentación farase ao vivo o día catro de febreiro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, dentro dun concerto que os composteláns darán xunto coa banda italiana de Ska-punk Talco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta