Xa hai convenio do metal: haberá aumentos salariais en 2022,2023 e 2024 e unha redución de 16 horas

Logo de numerosas folgas e mobilizacións xa se chegou a un acordo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/02/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

O convenio de Comercio Metal da provincia de Pontevedra para o período 2020-2024 foi asinado este mércores, despois de realizarse numerosas folgas e mobilizacións, segundo sinalou CC.OO nun comunicado.

As negociacións, que empezaron o 8 de xuño de 2021, permitiron alcanzar acordos, entre eles, o aumento dun 6,5% do salario en 2022, un 4% en 2023 e outro 4% en 2024.

No que se refire a a xornada, acordouse a redución de 16 horas, oito a partir do 1 de xaneiro deste mesmo ano e as outras oito a partir da mesma data en 2025. Así, os 22 días de vacacións que marca o convenio serán de 8 horas, para que non conte un día completo a quen traballa media xornada os sábados.

O sindicato apuntou que a pesar de non alcanzar o obxectivo inicial de introducir a este subsector dentro do recentemente asinado Convenio de Comercio Vario, "obxectivo que seguirá vivo para a seguinte negociación", consideran que "o resultado final é satisfactorio". Deste xeito, destacou que "toca pór o convenio en marcha" e "esixir que se aplique en cada unha das empresas e persoas traballadoras ás que afecta".

Protestas de traballadores do metal
Protestas de traballadores do metal | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta