Tensión política arredor da sanidade pública ante a proximidade da manifestación do 12 de febreiro

O PP acusa a BNG e PSdeG de querer sacar rédito político da manifestación e que as críticas das forzas da oposición carecen de "reflexión".

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 06/02/2023 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O foco do debate na política autonómica volverá estar estes días na situación da sanidade pública, que centrará boa parte do pleno do Parlamento galego que arrinca este martes nunha semana que culminará o vindeiro domingo coa manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública e apoiada polos grupos da oposición, aos que o PP acusa de tratar de sacar rédito electoral destes problemas.

Esta foi a mensaxe que lanzou o portavoz parlamentario dos populares galegos, Pedro Puy, que, durante unha rolda de prensa celebrada este luns na Cámara autonómica, aseverou que as críticas de BNG e PSdeG sobre a xestión da Xunta en materia sanitaria carecen de "reflexión" e non parten de "un estudo serio" pois, di, perseguen lograr "un rédito electoral" sobre cuestións que "afectan a todas as comunidades autónomas", nalgunhas delas "con peores" realidades que a de Galicia.

A poucos días da manifestación que percorrerá o vindeiro domingo día 12 Santiago en defensa da sanidade pública e que desde o Goberno galego cualifican de partidista, o grupo que sostén o executivo presidido por Alfonso Rueda solicitará o apoio do Lexislativo autonómico á proposta de ampliar ata os 72 anos a idade de xubilación dos médicos de familia como vía para paliar o déficit de profesionais na atención primaria.

Este luns, Puy defendeu que existen "antecedentes" sobre a eficacia de medidas similares noutros ámbitos como o da xustiza e que o que persegue a iniciativa que levarán os populares ao pleno que arrinca este martes é que o Parlamento autonómico apoie a iniciativa da Xunta ante unha ampliación que require de decisións que dependen do Goberno central.

Así as cousas, tras recoñecer que existe a vontade do Executivo central de realizar esta modificación para ampliar a idade de xubilación e que a Xunta "traballa para que a redacción non prexudique a situación" senón que "a mellore"; o portavoz dos populares censurou á oposición por manter as súas reclamacións "na evidencia numérica" de pedir incrementos orzamentarios que, segundo Puy, xa se están "levando a cabo" ao longo dos últimos exercicios.

PONTÓN LAMENTA "SOBERBIA" E "INSULTOS"

Nesta semana marcada polo horizonte da manifestación do domingo, a líder do BNG, Ana Pontón, animou a todos os galegos a secundar a convocatoria de SOS Sanidade Pública. "Temos que defender o que máis nos importa, que é a saúde e para iso necesitamos unha sanidade pública reforzada e non con recortes como nos deixa o PP", remarcou a portavoz nacional do Bloque.

Fronte ás acusacións dos populares de que detrás da manifestación do próximo domingo 12 está a propia formación nacionalista, Pontón insta ao PP a "abandonar a soberbia e os insultos que lle está dando á cidadanía que se manifesta"· "O que debe facer é anunciar un cambio de rumbo na sanidade galega pública deste país", aseverou.

A dirixente nacionalista expresou a súa "moita preocupación co que está a pasar na sanidade pública deste país", en que "un goberno do PP converteuse nun perigo para a saúde dos galegos, despois de 13 anos de recortes e privatizacións".

PSDEG PIDE A RUEDA QUE "ASUMA QUE É PRESIDENTE"

"É hora de que Alfonso Rueda asuma que é presidente. Por moito que o sexa por un accidente do PP, ten a máxima responsabilidade na situación da sanidade", espetou o portavos socialista no Pazo do Hórreo, Luís Álvarez, que acusou á Xunta de tratar de "normalizar" o "colapso tras colapso" que se vive no Sergas.

O responsable do PSdeG cre que a Consellería de Sanidade se enfronta a esta realidade con "medidas improvisadas" e "anuncios e máis anuncios", o último, a "ocorrencia" de propor a ampliación da idade para xubilarse que, di, "sitúa a posible solución" fose do ámbito competencial do Goberno autonómico. "Vai na liña de expor medidas fóra da lóxica. E iso ten un nome: populismo".

"Como sempre, a culpa é do Goberno central", ironizou Álvarez antes de facer un chamamento a secundar a manifestación do próximo domingo en Santiago, que reivindicou como unha mobilización "social" e non política como a cualificou o Partido Popular nos últimos días.

Para Álvarez, a Xunta e os populares tratan así de "desmovilizar" e "deslexitimar" as protestas cidadás contra unha situación que ve derivada dos anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta e do seu sucesor, Alfonso Rueda. "Non nos podemos seguir resignando a esta situación", concluíu.

Ana Pontón (BNG), Pedro Puy (PP) e Luís Álvarez (PSdeG)
Ana Pontón (BNG), Pedro Puy (PP) e Luís Álvarez (PSdeG) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 50 comentarios

16 pepe lago

Outro medio de comunicación: Era bo que tiverades tamén en conta o XORNAL AGRARIO GALEGO, no facebook.

1 Pepe Lago

www.facebook.com/xornal.agrariogalego

15 Arenga

O meu apoio a esta iniciativa, como a todas as que tratem de fazer pais. Basta já de sectarismo, o primeiro é a nossa naçom que atacam todos os dias os nacionalistas espanhois. Pode que nom concorde coa sua linha política mais é algo positivo que saiam a rua jornais, e quantos mais milhor, que trabalhem polo pais. Se alguem nom gosta que crie outro milhor mas que nom critique para fazer simplesmente dano. Coma sempre os meios nacionalistas espanhois aí siguem destruindo a nossa terra e nós em vez de ataca-los a eles pelejamo-nos entre nós. Muitos fazedes mais dano que os próprios espanholistas a nossa terra.

14 Cidre

Sermos Galiza terá boa vida, cómo órgao mediático da UPG. O problema que eu lle vexo...son varios: - Piden cartos a xente sen a xente contar. Para isto tiñan que montar unha cooperativa. Aí sí estaría eu. - Despois o peor, vai chegar e ser un produto de autoconsumo, para os e as , xa, convencidos. Non vai chegar a interceder na sociedade. Nace vinculado a un partido político e está cantado o seu fracaso de influencia social. O tempo irá poñendo as cousas no lugar que corresponde. Como na política, como en todo.

13 oscar

Vendo comentarios como estes dame vergoña ser galego...tanto sermos galiza como praza pública aínda non naceron e xa os estades crucificando, difamando e poñendo a parir...Moito patriota de boquilla é o que hai. Sodes os mesmos que non compraban nin Xornal, nin A Nosa Terra, nin Galicia Hoxe pero logo chorábades (bágoas de crocodilo) os seus peches. SODES PATETICOS.

12 Gamela

Pregunta: ¿Quen está a manter o Servidor de Vieiros? Xa que estamos a falar dos novos "medios" sería boa cousa saber quén foi o responsable de ELIMINAR tódolos comentarios que existían no Servidor de VIEIROS un ano e medio despois da súa "morte-inexplicable" ? É que alguén pensa recuperar todo o material de VIEIROS para nutrir os "novos medios" ? Lamento especialmente tódolos comentarios que atinxían ao Caso Jacinto Rey que figuraban ao pé desta nova en OpenVieiros! GC podería pescudar neste océano mediático... Obrigado! http://www.vieiros.com/open/amosar/...

1 semoncho

O que resulta excepcional é Vieiros seguir acessível. Acaso Gamela colabora economicamente para isso. Se tal for o caso teria razões para se queixar. Caso contrário está melhor calado/a