Incerteza en Santiago sobre o futuro das vivendas turísticas

Rosón pide "valentía" á oposición para aprobar a reforma do PXOM que regulará as vivendas turísticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

A concelleira de Urbanismo de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, demandou "responsabilidade e valentía" ao resto de formacións con representación municipal en Raxoi para que a reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) saia adiante no pleno extraordinario deste xoves.

"Espero que prime a responsabilidade por encima doutros intereses", aseverou antes de alertar que, en caso de non ser aprobada esta modificación da PXOM, Santiago "quedará abandonada á súa sorte".

Rosón respondeu este mércores a esta cuestión tras coñecerse que a Plataforma para a Regulación de Vivendas Turísticas (Prevituga) aceptou finalmente a decisión do goberno local de modificar de forma puntual a PXOM para establecer a nova regulación das vivendas de uso turístico, que se debaterá no pleno extraordinario deste xoves.

A pesar das críticas emitidas pola plataforma, que chegou a describir esta medida como "unha traizón" para os habitantes de Santiago", agora situouse a favor. A concelleira entende a decisión porque, segundo ela, de non aprobarse esta modificación a cidade "quedará abandonada á súa sorte".

Así mesmo, Rosón admitiu que están "en conversacións" con Compostela Aberta, formación que non desvelou o sentido do seu voto, e mostrouse convencida de que "primará o sentido da responsabilidade e o compromiso coa cidade" no pleno do xoves. Así mesmo, a concelleira comunicou que "non toca" falar da ordenanza e que a partir do venres empeza unha nova situación en consonancia co que ocorra no pleno, aínda que teme polo futuro de Santiago de Compostela se a modificacion da PXOM non sae adiante.

NON FOCALIZAR EN VIVENDAS TURÍSTICAS

A responsable de urbanismo subliñou que os efectos desta modificación son maiores que o tema das vivendas de usos turísticos, e pediu que non se focalice só neste asunto.

Neste sentido, asegurou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal ten "unha envergadura máis grande", xa que se abordan "todos os usos. En concreto, reclamou que se fale máis do "afastamento das gasolineiras das zonas urbanas", xunto á "molestia e tensión que xeran".

Decreto vivendas turísticas. EUROPA PRESS - Arquivo
Decreto vivendas turísticas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta