A Xunta pide 40,6 millóns ao Goberno de fondos europeos de vivenda polo cumprimento dos obxectivos marcados

Sostén que o grao de execución é do 88%

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/02/2023 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

A Xunta solicitou ao Goberno central o abono de 40,6 millóns de euros procedentes de fondos europeos para actuacións en materia de vivenda ante o cumprimento dos obxectivos establecidos para 2022 no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Edificio de pisos para vivenda en construción
Edificio de pisos para vivenda en construción | Fonte: Arquivo

O Goberno galego sostén que a execución dos sete programas postos en marcha ao amparo deste plan teñen un grao de execución ata a data do 88,16%. A menor execución deuse na iniciativa de vivenda porque, segundo a Xunta, "a demanda destas axudas foi inferior á prevista", aínda que se concederon "todas as solicitudes que cumprían os requisitos".

En total, foron outorgadas axudas para 14.585 vivendas por un importe de máis de 77,5 millóns de euros. Por último, a iniciativa para subvencionar actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes concedeu 14,5 millóns de euros para financiar obras en 2.928 vivendas e o de rehabilitacións enerxéticas en edficicios de municipios de reto demográfico chegou a 85 vivendas a través de 3,5 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta