O PSdeG: "Mentres os populares tentan destruír, os socialistas tentamos construír"

Pregunta ao PP se deixará a "oposición destrutiva" tras comprobar que a xestión de fondos europeos "funciona".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2023 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, reivindicou que a delegación de europarlamentarios que visitou España a pasada semana "constatou que é un dos países máis avanzados na execución" dos fondos europeos e tamén que "os sistemas de control funcionan e aplícanse correctamente".

Por iso, cuestionou aos populares se, tras "comprobar que non había nada que corrixir", van abandonar " a política de oposición destrutiva". "Se queren seguir por aí, que sigan", sinalou, antes de engadir que mentres os populares "tentan destruír", os socialistas "tentan construír".

Así, o portavoz socialista reprochou aos populares que tentasen "estender unha sombra de dúbida" sobre a xestión dos fondos, pero "a pesar dalgúns", engadiu, "a misión vaise con probas evidentes de que esa xestión de fondos faise con rigor". "O penoso deste asunto é que con esa actitude, o PP non lle fai dano ao Goberno, faille dano a España; esa España que tanto aman, adoran e defenden", salientou.

FONDOS CONCELLOS

Por outra banda, Luís Álvarez pediu á Xunta criterios "claros" na repartición do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local de 15,6 millóns de euros anunciado polo presidente Alfonso Rueda porque, sinalou, teme "pedreas electorais de apoio a candidatos do PP" nos próximos comicios municipais.

En rolda de prensa este luns, o portavoz socialista mostrouse "contento" de que o Goberno galego "recoñecese o seu erro na insuficiencia de fondos" para as administracións locais despois de que "atopasen 15 millóns para dar financiamiento adicional".

O portavoz do PSdeG no Parlamento, Luís Álvarez, en rolda de prensa.. PSDEG
O portavoz do PSdeG no Parlamento, Luís Álvarez, en rolda de prensa.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta