Asociación de Pacientes estuda accións legais contra o Sergas por non dar información sobre as listas de agarda

A Xunta responde que "unha descrición máis exhaustiva da información... non forma parte dos informes autorizados xa elaborados".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/03/2023 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS estuda accións legais, concretamente, a presentación dun recursos contencioso administrativo contra o Sergas por vulneración de dereitos fundamentais. Unha acción que parte da negativa por parte da Consellería de Sanidade de dar cumprimento a resolución da Comisión da Transparencia de Galicia pola que se autoriza o acceso a Asociación as listas de espera do ano 2021.

Pacientes en diálese
Pacientes en diálese | Fonte: Arquivo

 

Esta asociación entende que a información soliciada é “relevante e decisiva” á hora de controlar o proceso de toma de decisións públicas e de garantir a rendición de contas que propugna a lei e que se trata de información que xa está elaborada por corresponder a información do segundo semestre do 2021 que xa debeu ser transmitida ao Ministerio de Sanidade. 

 

Pero na súa resposta, tanto á entidade, como a Comisión de Transparencia, o Sergas di que esa información “xa se atopa dispoñible nos vínculos da páxina web do Sergas” e que “unha descrición máis exhaustiva da información que conteñen os cadros do anexo IV non forma parte dos informes autorizados xa elaborados”, polo que requeriría a confección dun traballo “ad hoc” e suporía tanto unha “laboriosidade na extracción dos datos como unha complexicade técnica no seu análise posterior”.

 

Tras a denuncia da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a Comisión de Transparencia deulle dez días ao Sergas para contestarlle a esta entidade e quince para trasladar os mesmos datos a esta comisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta